Noticias de Hoy
Fecha: 23/11/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto Sheik Anorak e Maxime Petit en Pontevedra

 

Concierto Sheik Anorak e Maxime Petit en Pontevedra

ras o alcume Sheik Anorak agóchase o músico francés Frank García, que xa nos abraiou coa súa proposta no 2015.
Unha auténtica “one man band”, un home orquestra armado con guitarra, batería, pedais e loops cos que el so constrúe e deconstrúe a arquitectura, as capas, os ambientes e as texturas duns temas que se moven nun lugar fronteirizo onde o rock ruídoso linda co pop e a improvisación.
Os seus concertos poden ir dende cancións que nos lembran ao mellor indie rock de décadas pasadas até violentos ataques de guitarra e batería ligados á no wave.
Nesta ocasión vén presentar o seu cuarto disco "North Star" onde as melodías fanse fortes e a voz ea elctrónica gañan importancia nas composicións
Frank é un dos activistas máis importantes da escena subterránea francesa que ten colaborado con Weasel Walter dos Flying Luttebachers ou compartido discos cos nosos queridos Les Aus e Lydia Lunch, sendo ademais a persoa que fundou e dirixe o fantástico selo Gaffer Records onde tirou discos de Ahleuchatistas, Don Vito, Staer, Mats Gustafsson ou Offonoff entre moitos outros proxectos.