Noticias de Hoy
sin E
Fecha: 04/05/2018
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto Nasgul e Ovakner en Pontevedra

 

Concierto Nasgul e Ovakner en Pontevedra

Os coruñeses Nashgul levan dende o 2001 derretindo caras e despois de xirar por todo o mundo e editar infinidade de referencias son unha referencia a nivel internacional dentro do grindcore. Formados por xente de Black Panda, Hongo, Come Back From The Dead ou Bokluk o seu estilo apisonadora-negra-forrada-de-motoserras rinde culto a grandes do xénero coma Repulsion ou Napalm Death con un extra de veneno e violencia aplastante que os fai únicos. Cando rematen contigo soamente poderás decir: "Noraboa rapaces!"

Escoita!: https://nashgul.bandcamp.com/

Ovakner son o novo proxecto de Rober de Machetazo (Un dos grupos máis lendarios na escea extrema mundial) con Lois e Alberto dos grandiosos blackmetaleiros Balmog e Lóstregos respectivamente. Este trío calavera acaba de editar "Ar/Lume", un debut que sorprende pola tremenda calidade sónica e das composicións, contundentes leccións de cómo tratar o crust máis pesado.

Flipa: https://tupatutupa.bandcamp.com/album/tupa-36-ovakner-ar-lume

Abrimos portas ás 20.30 e os grupos comezan ás 21.00