Concierto Nasgul e Ovakner en Pontevedra

Fecha 4-05-2018
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

 

Concierto Nasgul e Ovakner en Pontevedra

Os coruñeses Nashgul levan dende o 2001 derretindo caras e despois de xirar por todo o mundo e editar infinidade de referencias son unha referencia a nivel internacional dentro do grindcore. Formados por xente de Black Panda, Hongo, Come Back From The Dead ou Bokluk o seu estilo apisonadora-negra-forrada-de-motoserras rinde culto a grandes do xénero coma Repulsion ou Napalm Death con un extra de veneno e violencia aplastante que os fai únicos. Cando rematen contigo soamente poderás decir: “Noraboa rapaces!”

Escoita!: https://nashgul.bandcamp.com/

Ovakner son o novo proxecto de Rober de Machetazo (Un dos grupos máis lendarios na escea extrema mundial) con Lois e Alberto dos grandiosos blackmetaleiros Balmog e Lóstregos respectivamente. Este trío calavera acaba de editar “Ar/Lume”, un debut que sorprende pola tremenda calidade sónica e das composicións, contundentes leccións de cómo tratar o crust máis pesado.

Flipa: https://tupatutupa.bandcamp.com/album/tupa-36-ovakner-ar-lume

Abrimos portas ás 20.30 e os grupos comezan ás 21.00

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×