Noticias de Hoy
luis_gimenez 978x435
Fecha: 24/03/2018
Horario: 21:00 a 21:00

Concierto Luis Giménez + Seminario permanente de Jazz

Concierto Luis Giménez + Seminario permanente de Jazz

Comenzou os seus  estudos de piano aos 6 anos na sua cidade natal, Zaragoza. Aos 13 anos escomezou a tocar a guitarra, e no 1991 estuda durante dous anos no Taller de Músicos de Madrid. En 1994  trasladase a Boston(USA)  e  licenciase  Cum Laude na prestixiosa Berklee College of Music. Tamén asiste a seminarios e clases particulares con músicos como John Scofield, Pat Martino, Pat Metheny, Mike Stern e Kurt Rosenwinkel entre  outros.

Tres anos mais tarde  trasladase a España e dende entón ten actuado con músicos como Alberto Arteta, Marcelo Escrich, Gonzalo del Val, Marco Mezquida, Quique Arza, Robin Eubanks, Mikel Andueza, Ikaki Salvador, Pirineos Jazz Orchestra, Chriss Higgings, Stefano Belmondo, Juanma Urriza, Iñaki Askunce, Terela Gradín, Manolo Gutierrez, Abe Rabade, Angel Unzú, Paco Charlín, Marco Bellizzi, Mauro Urriza, Javier Garayalde, Javier López Jaso, Satxa Soriazu, Carlos Sagi, Coco Fernandez, Jose Luis Gutierrez… entre outros.

Na actualidade  e  dende 2001 imparte clases de Guitarra Jazz no Conservatorio Superior de Musica de Navarra e ten realizado numerosos Clinics e Seminarios.

Nestes  últimos anos ten compatibilizado a sua labor como guitarrista de Jazz e docente, compoñendo música para numerosos cortometraxes e largometraxes. Recibiu o premio SCIFE á mellor música en duos ocasións e foi nominado en outras catro.