Concierto Kuhn Fu en Pontevedra

Fecha 11-05-2018
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto Kuhn Fu en Pontevedra

KUHN FU é un cuarteto internacional e multicultural que practica unha fusión de jazz e rock collendo prestadas algunhas cousiñas do blues, a psiquedelia, o jazz avant-garde, da música clásica e de diversas músicas contemporáneas. Son coñecidos pola súa intensidade, o seu groove, a minuciosa composición dos seus ritmos, o seu xogo de dinámicas e un claro gusto pola melodía. Fundado en 2012 en Groningen, o grupo non parou de xirar dende entón, con máis de 130 concertos repartidos en 11 países. A formación está capitaneada polo guitarrista e compositor Christian Kuhn, co clarinetista israelí Ziv Taubenfeld facéndose cargo da melodía e cunha sección rítmica composta polo baixista turco Esat Ekincioglu e o batería inglés George Hadow.

“A atración principal do cuarteto reside na mistura de xéneros -punk, funk, clásica, folk, metal/grunge, marchas, spoken word…- e a facilidade pasmosa coa que o grupo concilia os cambios ametrallantes, dende poderosos e marteleantes riffs a suaves queixumes e dende berros agresivos ata amables murmuros.”

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×