Concierto de Guadi Galego en Pontevedra

Fecha 24-10-2020
Hora 21:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto de Guadi Galego en Pontevedra.

Cada cita dentro do Ciclo Voices é especial, única, pero hainas que nos fan mergullarnos por cada parte do noso territorio e emocionarnos como nunca.

Guadi Galego presentará o próximo 24 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra o seu traballo ‘Immersion’ nunha das súas últimas datas na que ademais estará acompañada dalgunha das colaboracións que formaron parte deste traballo nado no máis íntimo mar da artista.

Atopar tesouros escondidos nas mesmas cancións pero en ata sete linguas diferentes. Once temas xa editados no seu últimos tres traballos que saen á boia renovados e que van escoltados por un inédito que nace no máis íntimo mar da artista. E para conseguilo, Guadi bota man de múltiples colaboracións entre as que atopamos a Judit Neddermann, Clara Peya ou Iván Ferreriro. entre outros.

Guadi Galego é unha artista inquieta na súa procura de novas sensacións, xenerosa na alegría, enérxica na exploración das súas capacidades, comprensiva coa dor, amante da beleza. Unha artista que marcou un novo rumbo para a música moderna feita en Galicia, desde os seus inicios cunha das bandas world music de referencia mundial, Berrogüetto, pasando por proxectos que abriron portas e xanelas máis aló do folk  galego, Nordestin@s, Espido, AcadaCanto e, finalmente, o seu proxecto persoal co que se  reinventa con cada álbum e certifica con cada disco e cada tema que é a artista máis influente do panorama musical galego dos últimos 20 anos.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×