Noticias de Hoy
Fecha: 23/02/2019
Horario: 21:00 a 21:00

Concierto de Ara Malikian en Pontevedra

Concierto de Ara Malikian en Pontevedra.

Ara Malikian achega o seu espectáculo ‘Royal Garage World Tour’ a Pontevedra

  • O concerto terá lugar o sábado 23 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura.
  • As entradas están xa á venda en Ataquilla.com e o despacho da Casa da Luz a partir de 50€.

Esta xira amosa os garaxes da vida do violinista, facendo un percorrido sonoro polos máis variados e exóticos estilos da súa carreira.

En verbas de Ara Malikian:

“A miña relación cos garaxes empezou en 1976, cando estalou a guerra do Líbano. No mundo enteiro as bandas máis modernas ensaiaban en garaxes, sacaban de aí os seus sons e creaban un estilo que mudaría a historia da música. Eu non me quería quedar sen formar parte desa movida. Eu tiña dez anos e o meu pai dicíame para convencerme:

"Imos fillo, baixemos ao garaxe, imos montar unha banda de rock como a dos Rollings. A miña banda non tiña tanto rolo como a deles, eu non me relacionaba con Keith Richards ou Mick Jagger e falabamos de Rock e música de vangarda, a min esperábame o meu tío Nono cunha trompeta abolada, o meu veciño cunha botella de anís e a miña avoa cunha mandolina... A día de hoxe sigo sen verlle o Rock and Roll pero véxolle o amor e iso é máis que suficiente.Despois viñeron outros garaxes: os alemáns, os ingleses, os parisienses, os españois... Parece ser que estou predestinado a eles. Pásanme cousas fascinantes nos garaxes...”