Noticias de Hoy
Fecha: 09/11/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto Aullido Atómico y Gog y Las Hienas Telepáticas en Pontevedra

Concierto Aullido Atómico y Gog y Las Hienas Telepáticas en Pontevedra

Aullido Atomico, ese trío de Valencia que soamente sabe fabricar temazos de punk and roll con melodías rockabilescas veñen presentar "Decadencia", o seu último e flamante novo disco onde se atopan eses rasgos que os definen multiplicados o máximo exponente para ser a mellor testemuña da súa identidade ata o de agora. Xa estiveron por aquí fai un tempo e flipamos coa enerxía que transmiten Don Rogelio, Jussi e Quique. Achégate ata o que será de seguro un dos concertos máis disfrutables do ano!

Gog y las Hienas Telepáticas presentarán os temas do seu inminente novo artefacto "Triad", sucesor de "Choke/Drown" e unha nova demostración do poder de esa trituradora que posúen, que desafía xéneros e definicións. Punk escuro? Rock acelerado? As pantasmas de Lemmy Kilmister e Pig Champion berran "Sí, e moito máis!"