Concierto A Shrimp Case e Triceracops en Pontevedra

Fecha 13-02-2018
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto A Shrimp Case e Triceracops en Pontevedra

Unha boa montada para romper coas supersticións, camiñar baixo escaleiras e romper espellos, todo isto mentres danzamos alegremente ó son do máis puro DIY francés.

A Shrimp Case son un dúo de noise-rock con tintes do math, que veñen facernos move-lo esqueleto coma se non houbese mañá, unha batería e unha guitarra cunha serie de coordinadísimos loops chéganlles ben para facerte disfrutar coma cando tiñas 7 anos. Escoita o seu bandcamp, que teñen un discazo!
https://ashrimpcase.bandcamp.com

A outra banda dona do baile é Triceracops, o seu nome dío todo, teñen o bailoteo fervente metido no sangue. Veñen ser un trío de puro noise-rock hiper-sónico, frenesí sonoro sen descanso a base de baterías e riffs constantemente cambiantes, para que non sepas se estás a mover a cabeza ou o cu. Escoita, que tamén teñen bandcamp!
https://triceracops.bandcamp.com/releases

Todo isto e máis, no teu lugar de retiro espiritual favorito, solicitando entre 5 e 8 euros para que os músicos poidan seguir o camiño cara a liberdade!

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×