Noticias de Hoy
Wendy y Lucy 2
Fecha: 18/10/2016
Horario: 21:30 a 21:30

Cineclube Pontevedra presenta: Wendy and Lucy

Wendy é unha moza sen recursos económicos que se dispón a emprender unha viaxe cara a Alaska, onde agarda atopar unha vida mellor traballando nunha fábrica de conservas de peixe. A falta de oportunidades e o desapego da súa familia fixéronlle tomar esta decisión. Durante a súa viaxe terá como compañeira unha única e inseparable amiga, a súa cadela Lucy...