Noticias de Hoy
a rapaza do 14 de xullo
Fecha: 06/06/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Cineclube Pontevedra: A rapaza do 14 de xullo

Cineclube Pontevedra: A rapaza do 14 de xullo.

Antonin Peretjatko debuta con esta premiada, histriónica e bastante absurda sátira social que, ao xeito dunha road movie, réndelle homenaxe ao Godard de Week End (1967). A acción transcorre nos nosos días, cando o Goberno francés decide reducir a tempada de vacacións para lle facer fronte á crise. É entón cando Héctor, no medio do caos que invade o país, vai á procura de Truquette, unha vendedora de souvenirs da que namorou. Caos e tolemia na estrada para atopar o que pode que sexa o amor da súa vida...