Noticias de Hoy
2048x1536 fit_adele haenel jean michel balthazar fille inconnue
Fecha: 16/05/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Cineclube Pontevedra: A rapaza descoñecida

Os irmáns Dardenne volven rebuscar na conduta humana e nos problemas derivados dos nosos actos no seu último traballo. Presente na Sección Oficial do Festival de Cannes, A rapaza descoñecida supón unha volta máis sobre o azar, as posibilidades que se abren ante cada decisión tomada e a constante procura do alivio da conciencia.

Coa cámara en man, a tranquilidade que os caracteriza e a súa habitual ausencia de artifiosidade, a parella de cineastas belgas segue a figura Jenny, unha doutora que, ao remate da súa xornada laboral, decide non abrir a porta da súa consulta tras unha chamada alegando que o seu horario laboral rematou. Ao día seguinte, entérase pola policía de que atoparon, non lonxe de alí, unha moza morta, sen identidade.