Ciclo de cine infantil en Pontevedra: O mundo que queremos

Fecha 11-03-2017 a 19-03-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

ciclo

Ciclo de cine infantil en Pontevedra: O mundo que queremos.

En colaboración co Cineclube Pontevedra, ‘Brave’, ‘O teito do mundo’ , ‘Pompoko’ ou ‘O principiño’ son algún dos títulos escollidos, relacionados con tema central deste do Salón do Libro 2017.

As proxeccións, recomendadas para todos os públicos, terán lugar no Salón de Actos ás 12:00 e ás 18:00h.

O Salón do Libro 2017 comeza a pechar algúns detalles da súa programación. Logo de coñecer hai un par de semanas os espectáculos teatrais que contarán con pases concertados con escolares e para público familiar, presentan un ciclo de cine de carácter infantil para as fins de semana. Hai anos que o Salón aposta por este tipo de proxeccións e nesta ocasión, en colaboración co Cineclube Pontevedra, achegará 8 títulos entre os que se atopan estreas recentes de animación nas que os valores de ‘O mundo que queremos’ están moi presentes.

Programación completa

Sábado 11 de marzo de 2017

12:00h. ‘Pompoko’
Isao Takahata, Xapón, 1994

Os mapaches viven felices nos montes: a comida abonda, a auga é clara, a convivencia coa humanidade, que os venera, é boa. Pero Tokio medra, os humanos precisan máis casas e o hábitat dos mapaches corre perigo. Fai falla un plan para frear o avance da humanidade!

Duración: 114 min.

18:00h. ‘O teito do mundo’
Rémi Chayé, Francia, 2015

1882. San Petersburgo. Sasha é unha mociña aristócrata rusa fascinada pola vida de aventuras do seu avó Olukin, explorador de sona que fixo construír o Davai, un magnífico barco que nunca regresou da súa derradeira expedición ao Polo Norte.

Duración: 81 min

Domingo 12 de marzo de 2017

12:00h. ‘Neve e as árbores máxicas’
Antoine Lanciaux, Sophie Roze e Benoît Chieux, Francia, 2014

Catro contos inesquecibles que xiran arredor do medio ambiente e as árbores, en cuxos mundos, poboados por entrañables personaxes, hai un lugar para o enxeño, a amizade, o respecto e a alegría de convivir coa natureza.

Duración: 51 min.

Domingo 12 de marzo de 2017

18:00h. ‘Brave’
Mark Andrews, Brenda Chapman e Steve Purcell, 2012, EE UU

A princesa Mérida é unha hábil arqueira con ansias de vivir as aventuras que lle escoita ao seu pai, o rei Fergus. Por iso, facéndolle fronte ao destino e aos costumes do seu tempo, emprenderá unha longa viaxe na procura do seu soño.

Duración: 90 min.

Sábado 18 de marzo de 2017

12:00h. ‘Wall.E ‘
Andrew Stanton, 2008, EE UU

Ano 2800. Unha Terra devastada e sen vida. Tras centos de solitarios anos limpando o lixo do planeta, Wall.E atópase con Eve, unha moderna robot exploradora con quen vivirá unha emocionante aventura ao longo da Galaxia.

Duración: 103 min.

18:00h. ‘Zootrópolis’
Byron Howard, Rich Moore e Jared Bush, 2016, EE UU

Cando a optimista Judy Hopps pon un pé en Zootrópolis, decobre que ser unha coelliña nun corpo de policía cheo de temibles animais non é doado. Decidida a mostrar a súa valía, lánzase a resolver un caso, aínda que isto implique traballar canda a un raposo lingoreteiro coma Nick Wilde.

Duración: 108 min.

Domingo 19 de marzo de 2017

12:00h. ‘O principiño’
Mark Osborne, 2015, Francia

Adaptación animada da obra mestra de Saint-Exupéry. Unha nena que está a ser preparada pola súa esixente nai para vivir no mundo adulto faise amiga do seu veciño, un excéntrico e ancián aviador que lle vai revelar un mundo extraordinario onde todo é posible..

Duración: 106 min.

18:00h. ‘Buscando a Dory’
Andrew Stanton e Angus MacLane, 2016, EE UU

Dory é un peixe cirurxián cunha irresistible personalidade. Sofre perdas de memoria a curto prazo, o que non adoita influír no seu bo humor e felicidade… Ata que se decata de que esqueceu algo ben importante: a súa familia!

Duración: 103 min.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×