Noticias de Hoy
o tempo futuro D
Fecha: 18/02/2018
Horario: 19:00 a 19:00

Ciclo cans todo o ano: O tempo futuro de Xoán Escudero

 

Ciclo cans todo o ano: O tempo futuro de Xoán Escudero


Este domingo 18 de febreiro ás 19,00 horas, proxectarase na Sala Ingrávida unha nova película do ciclo “Cans todo o ano”, que organiza o Festival de Cans con esta sala e co Cineclube Rebobina, coa intención de darlle visibilidade a películas galegas que tiveron escasas oportunidades de seren distribuídas e achegalas a un maior número de público.

Nesta ocasión proxectarase o documental O tempo futuro, dirixido por Xoan Escudero e baseado na singular historia de Bárbara Iglesias, a primeira muller española que competiu a nivel internacional na modalidade de bobsleihg, un deporte de inverno agora de actualidade cos Xogos Olímpicos de Corea. O público poderá asistir a un coloquio co director e coa protagonista, que estarán presentes na sala

318251_description_1509475031 460_f8c2d70e tempo poster