Noticias de Hoy
carolina son 2018
Fecha: 01/12/2018
Horario: 21:00 a 21:00

Carolina Son 2018 en Valga

Carolina Son 2018 en Valga.

Como non podía ser doutro xeito, Valga, un dos epicentros de creación independente de Galicia, dá o paso adiante en canto a programación  musical e presenta, da man da Asociación Cultural Os Penoucos, o festival Carolina Son. Esta proposta, en formato auditorio, busca poñer un pouco de ritmo aos outonos no Baixo Ulla, achegando ao público local as propostas máis alternativas.

A denominación escollida, Carolina Son, fai referencia á veciña máis ilustre de Valga, Carolina Otero, A Bela Otero,  que representa os valores da vangarda, independencia e ruralismo cosmopolita cos que se identifica o festival.

O Carolina Son 2018 terá lugar o 1 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Valga, coas actuacións de Helen & Shanna e Lois.  A entrada é de balde!

HELEN & SHANNA
O dúo de A Guarda acaba de saír de Radar Estudios de Vigo onde gravaron os novos temas que conformarán o seu novo EP ‘Tempo’, onde amplían o seu son folk. As cancións deste novo traballo serán presentadas no Carolina Son.

LOIS
Veciño do Baixo Ulla, mais afincado en Madrid, publicará en breve o seu novo EP ‘Crumb Cats’, editado pola discográfica  Ground  Control. Gravado nos estudios Stoke Newington (Londres) e producido por James Hoare (Ultimate Painting, Veronica Falls). Segundo o propio Lois, a súa música podería definirse como ‘slacker jazz’, acordes moi pouco habituais no indie. As cancións deste novo traballo serán presentadas no Carolina Son.