Berio Molina presenta Setras en Pontevedra

Fecha 27-01-2018
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Berio Molina presenta Setras en Pontevedra

Poucos artistas atoparedes no voso tempo e na vosa contorna máis fascinantes que Berio Molina. A determinación insubornable coa que investiga o son, a natureza e a relación do mesmo coa arte levouno a lugares nunca antes visitados por ninguén. Logo do seu paso polo Liceo en 2014 xunto a María Roja no III Aniversario, Berio preséntanos desta volta en formato charla/concerto/perfomance as súas Setras, un proxecto -recollido nun libro de idéntico título- sobre como soan as letras ó escribilas ou sobre caligrafía sonora.
Farase un percorrido por 6 das 23 setras que compoñen o libro falando sobre elas e experimentando o seu son co sapis, un lapis especial e amplificado co que se constrúen os ruídos das setras.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×