Noticias de Hoy
cartel benvenas18_curvas 01
Fecha: 20/03/2018 a 20/04/2018

Ben veñas, maio 2018 en Pontevedra

Ben veñas, maio 2018 en Pontevedra

Chega unha nova edición de “Ben veñas, Maio”. O certame que organiza a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración coa Coordinadora de equipos de Normalización Lingüística dos institutos públicos de Pontevedra ten como obxectivo promover o uso da lingua a través das artes.

Van 25 anos desde que se convocou por primeira vez “Ben Veñas, Maio” como certame de narración curta e banda deseñada. Nos anos seguintes foron sumándose as disciplinas de teatro, música, fotografía e poesía e o pasado ano curtametraxe.

Os certames van dirixidos ao alumnado dos institutos públicos de Pontevedra, que teñen até o 20 abril para presentar as súas propostas.

Por outra banda, a entrega de premios será nun acto público que se vai a celebrar no Pazo da Cultura o 12 de maio.

Bases