As Matinés do Principal 2020 en Pontevedra

Fecha 25-04-2020 a 17-10-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

As Matinés do Principal 2019 en Pontevedra.

O éxito de As Matinés do Principal, música ao vivo para todos os públicos e en horario matutino, regresa por cuarta vez ao Teatro Principal de Pontevedra, achegándonos nesta ocasión, os directos de Manel, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Ele.

As Matinés trátase dun novo xeito de vivir a música ao vivo e o lecer en Pontevedra e de ofrecer novas posibilidades de calidade a un público familiar. Unha calidade que queda patente na escolma do programa deste ano: Manel, abrirá este ciclo o sábado 25 de abril cun espectáculo moi especial para presentar o seu quinto traballo, ‘Per la bona gent’. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre encherán o escenario na segunda sesión das Matinés que terá lugar o 9 de maio, e é probable que a rematemos bailando ao redor das nosas butacas, e o peche do ciclo corresponderá coa maxia e a emoción de Ele, que actuará o 17 de outubro.

“Este ciclo conta cunha programación importante, para que as familias poidan entrar sin que sexa directamente unha programación infantil, por isto está tendo moi boa acollida, son espectáculos diferentes e o público o agradece“, salientou a Concelleira de Cultura, Carme Fouces, acompañada por Carlos Montilla de I-radia Crea (produtora encargada de coordinar o ciclo), quen agradeceu a aposta por este tipo de popostas novedades e por darlle continuidade a un ciclo cunha programación diurna. “Arriscar e propoñer un ciclo que facía falta cunha programación musical, un ano máis, de primeiro nivel. O balance das tres edicións anteriores foi moi exitoso, favorecendo ao público de fóra para que o público poida asistir a un concerto matutino e pasar o día na cidade de Pontevedra”.

As Matinés do Principal conta coa colaboración de Mahou no marco do seu compromiso coa música e na súa aposta por compartir a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público.


PROGRAMACIÓN


MANEL
Sábado 25 de abril de 2020, 12.30h.

Manel regresan co álbum máis sorprendente, artisticamente ambicioso e radicalmente contemporáneo de toda a súa carreira. Dicir que ‘Per la bona gent’ empeza onde acaba o anterior é quedar moi, moi curto. Aínda que os nove épicos minutos de ‘Jo competeixo’ facíannos prever un futuro asollado de hip-hop e electrónica, nada nos preparou para o que o cuarteto barcelonés logra no seu quinto disco.

Cada canción é case un mundo en si mesmo, aínda que hai dúas ideas, unha de produción e outra máis narrativa, que percorren o álbum como curiosas subtramas. Por unha banda, están os múltiples exercicios de apropiacionismo e recontextualización de obra allea, ás veces de forma literal e clásica, pero máis a miúdo a través de samples sorprendentes.


XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE
Sábado 9 de maio de 2020, 12.30h.

‘No salón das cereixas’, é o primeiro sinxelo do próximo disco de Xabier Díaz, e esta peza formará parte do inminente novo álbum do músico galego, ‘As catedrais silenciadas’, que sairá á luz o próximo 13 de marzo. Logo do rotundo éxito colleitado con ‘Noró’, volverá estar acompañado polas voces e percusións das Adufeiras de Salitre.
O título é un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.

‘As catedrais silenciadas’ son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiranas. Cómpre restauralas e empregalas para que medren vizosas e prendan no peito de quen non as coñece.


ELE
Sábado 17 de outubro de 2020, 12.30h.

Sen facer moito ruído pero de maneira inequivocamente audaz, ELE, nome artístico da cantante e pianista madrileña Elena Iturrieta, terminou revelándose como unha das voces máis exquisitas e delicadas do novo panorama español. ‘Summer Rain’, o sorprendente disco co que a descubrimos fai tres anos, levouna a tocar en 75 teatros do Estado así como no festival South by Southwest de Texas.  

‘What Night Hides’, o seu segundo traballo, gravado no lendario Studio Two de Abbey Road, preséntanos xa unha compositora de altura sen peaxes estilísticos e cunha capacidade para abordar sentimentos como a nostalxia e melancolía propia de artistas veteranos. Soul, gospel, folk e canción de autor de elegancia extrema e substratos hipnóticos.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×