Noticias de Hoy
medindo o mundo D
Localidad: Ourense
Fecha: 09/11/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Proxección film "Medindo o mundo" en Ourense

Proxección film "Medindo o mundo" en Ourense

O Cineclube Padre Feijoo, coa complicidade da Biblioteca pública de Ourense, celebran a semana da ciencia, co proxección do filme:

Die Vermessung der Welt
Medindo o mundo
Detlev Buck (Alemaña, 2012) 119 min. #VOSE

(Inédita en España, coa colaboración do Instituto Goethe)

Alemaña a comezos do século XIX. A película segue aos brillantes e excéntricos científicos Alexander von Humboldt (Albrecht Schuch) e Carl Friedrich Gauss (Florian David Fitz) ao longo do seu periplo vital.
A partir do éxito da novela homónima de Daniel Kehlmann, o director realiza unha recreación das vidas de dúas mentes xeniais: a do matemático Carl Friedrich Gauss e do xeógrafo e explorador Alexander von Humboldt cando coinciden no seu interese por medir o noso mundo alá polos comezos do s. XIX.

"É á vez unha abraiante reconstrución de época, unha sátira de aventuras e unha parábola sobre a curiosidade humana"
(Federico Marín Bellón, ABC)

medindo o mundo E