Noticias de Hoy
V Canon do sil
Fecha: 16/09/2017
Horario: 13:00 a 13:00

V Maratón de escada do Canón do Sil

V maratón de escalada do Canón do Sil.

O V Maratón de Escalada do Canon do Sil, trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas o día 16 de setembro de 2017. Cada vía ten a súa propia puntuación en fucion da súa dificultade, lonxitude, etc. Gañará a cordada que consiga o maior número de puntos.

Para participar na proba é necesario realizar unha inscrición por equipos a través do Club Alpino Ourensán xa sexa nas súas oficinas ou mediante a súa páxina web: http://www.clubalpinoourensan.es/maraton/inscripcion e sempre antes do día 10 de setembro ás 23:59.

A inscrición formalizarase no momento do pagamento da cota, que será de 14 € por cordada e que dará dereito a:
– Camiseta do evento.
– Premio para o primeira e segunda cordada.
– Sorteo de premios

Para participar nesta actividade non é preciso ser socio do club.

Toda a información en www.clubalpinoourensan.es/maraton