Noticias de Hoy
travesia nado 450 x 410
Localidad: Ourense
Fecha: 10/06/2018
Horario: 11:30 a 16:00

Travesía Encoro Os Peares en Ourense

Travesía Encoro Os Peares en Ourense

Como cada ano dende a súa fundación, alá no ano 2015, o CN Escualos organiza a "Travesía Encoro Os Peares".

A Travesía "Encoro os Peares", lévase a cabo no corazón da Ribeira Sacra, nun entorno extraordinario no cal conflúen os ríos Bubal, Sil e Miño. E cada vez máis vaise conformando como unha datas clave no noso calendario de natación.

Grazas ao apoio dos nosos patrocinadores e soci@s, este ano a Travesía incorpora diversas novidades, agardando que sexan do voso agrado:

- O percorrido de 3000 metros, reafírmase como a Primeira Proba do Circuito Galego de Augas Abertas - Trofeo Os Peares Centro de Inmersión Lingüística.

- Mentres que o Campus da Auga porá nome ao Trofeo dado aos mellores clasificad@s na proba de 1000 metros.

- Incorpórase unha nova Categoría "Universitaria" para todos aqueles que formen parte da Comunidade Universitaria.

Ademáis, consolídase a proba infantil de 300 metros para @s máis cativ@s grazas aos bos resultados obtidos anos anteriores.

TRAVESÍA INFANTIL
300 metros

TROFEO CAMPUS DA AUGA
Travesía 1k

TROFEO PEARES INMERSIÓN LINGÜISTICA
Circuito Galego de Augas Abertas
Travesía 3k

¡¡ NON DEIXES PASAR A OPORTUNIDADE DE DESFRUTAR DA EXPERIENCIA DE NADAR NESTA GRAN PISCINA NATURAL !!

travesia nado 630 x 350