Noticias de Hoy
Fecha: 30/10/2014
Horario: 23:15

Solista por narices

UNHA TOLEMIA CÓMICO-MUSICAL DE XIRA POR GALICIA

Illanes presenta o seu monólogo de comedia musical: Solista por narices, na cervecería ASGALLA de Ourense

José Carlos Illanes, actor e músico galego, (Galicia Caníbal o musical, Luar, Vamos a Jugar de Antena 3, Centro Dramático Galego... ) está de xira por Galicia co seu espectáculo de comedia musical “Solista por narices”, un show rodado por festivais como o Festival Internacional de Outono de Carballo, o Festiclown, Circuito de Café teatro de Valencia, Gala de Payasos sin fronteras de Madrid...

Solista por narices é espectáculo con monólogos cómicos, cancións orixinais, moito inxenio e, sobre todo... moita tolemia!