Noticias de Hoy
cartel_sanidad_bk_muy_baja_1509536715
Localidad: Ourense
Fecha: 08/11/2017
Horario: 19:00 a 19:00

Presentación libro Véndese sanidade pública en Ourense

Presentación libro Véndese sanidade pública en Ourense

VÉNDESE SANIDADE PÚBLICA .“Todo o que deberías saber sobre a privatización, pero ninguén quere contarche”.
GÓMEZ LIÉBANA, JUAN ANTONIO (Coordinador)

A transparencia deste ensaio reflíctese xa desde o seu título. Aínda que non se colgou semellante cartel en hospitais e centros de saúde, cando se fala de “xestión clínica”, “modernización”, “colaboración público-privada” ou “externalización”, entrevese que a sanidade pública está en venda; pero só aquelas partes rendibles, que poden satisfacer os intereses económicos das empresas do sector. Desde o sistema de citas médicas ata as bolsas de sangue, pasando polos propios datos clínicos ou enfermidades, poden ser un negocio. E vai máis aló, porque co sistema de xestión clínica responsabilízase aos propios profesionais médicos da redución do gasto a cambio de suculentos incentivos, nalgúns casos de ata 40.000 euros anuais. “As consecuencias, dramáticas, son ben perceptibles en materia de incrementos na mortalidade e na presenza de determinadas enfermidades, de desnutrición, de suicidios ou de abandono dos anciáns”, lembra Carlos Taibo no prólogo. Os autores coñecen de primeira man as cifras e estratexias da privatización e a súa repercusión, pero tamén formaron parte das loitas pola saúde. Así, este libro recolle as experiencias daqueles/as profesionais comprometidos/as que buscaron alternativas, tanto no estado español, como en Grecia ou Francia. Van máis aló da defensa dun sistema sanitario universal e de calidade xa que non hai saúde colectiva sen a democratización real do sistema no seu conxunto e, por suposto, sen unha actuación decidida sobre os “produtores de enfermidade”.

-Juan Antonio Gómez Liébana
Forma parte da Coordinadora Anti Privatización da Sanidade (www.casmadrid.org) que foi constituída en 2004 por usuarios/as e traballadores/as do sistema sanitario, así como organizacións non subvencionadas (Plataforma Sindical EMT, Solidaridad Obrera, CNT Graficas, CNT Villaverde, CNT Aranjue...