Pequeno Cabaret Infantil – Nelson Quinteiro en Ourense

Fecha 15-04-2018
Hora 12:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Pequeno Cabaret Infantil – Nelson Quinteiro en Ourense

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatriño na rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias “Pedrito Mendrugo” e a súa pulga “Jacinta Florette” farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.
Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música para falar dos contos de toda a vida.
Un espectáculo cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.

Duración: 50m 
A partir de 4 anos

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×