Noticias de Hoy
hamlet_1500374946
Fecha: 18/07/2017
Horario: 21:00

Obra Teatro Hamlet en Praza de San Martiño

Obra Teatro Hamlet en Praza de San Martiño

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Ourense representa a obra “Hamlet”, unha versión do orixinal de William Shakespeare desenvolvida pola directora, Thelma Joy Putnam e alumnos e alumnas da escola municipal como un desafío de crear unha versión cómica e doada de comprender dunha obra tráxica e complexa.

Usando a metodoloxía do dramaturgo Jerzy Grotowski e a base da improvisación crearon unha obra para todos os públicos, a partir dos 7 anos, de 35 minutos que resulta divertida e sorprendente.

hamlet_E