Noticias de Hoy
YONI
Localidad: Ourense
Fecha: 17/10/2015

Monólogo de Yoni Mediogramo en Ourense

O actor Juan José Esteban, máis coñecido como "Juanillo Esteban", interpreta a súa coñecida persoaxe: Yoni Mediogramo.

Yoni Mediogramo é un Politoxicómico, un bufón urbano que pon en escena un espectáculo de humor negro bastante pasado de rosca.

O seu discurso trata sobre as súas abraiantes experiencias vitais.

Unha historia de loita pola supervivencia nun mundo corrupto, despiadado e sen futuro. Unha visita guiada polas cloacas da sociedade que provoca repulsión e gargalladas a partes iguais.

Unha critica corrosiva contra o mitificado mundo das drogas.

O que fai falta é información sobre drogas e Yoni sabe bastante... Violencia, prostitución, atracos... Un espectáculo incorrecto, lamentable, cruel e patético !!!