Noticias de Hoy
vianova bande_carrera D
Fecha: 15/07/2017
Horario: 20:00 a 20:00

IV carreira popular “Vía Nova” de Bande

IV carreira popular “Vía Nova” de Bande

Cuarta edición da carreira popular “Vía Nova” que se celebrará o día 15 de xullo, a partir das 19.00 horas en Bande, cun percorrido que vai dos 100 metros aos 8 quilómetros. 

As probas das categorías escolares teñen un percorrido que vai desde os 100 metros ata os 2.000 metros. A saída da primeira delas terá lugar ás 19.00 horas sendo ás 20.00 horas, a quenda para a carreira absoluta cunha distancia aproximada de 8 quilómetros. 

Os interesados en participar poderán anotarse na páxina web: championchipnorte.com ou no Pavillón de Deportes de Bande.O prezo da inscrición será “para a categoría absoluta de 6 euros máis 1 euro de aluguer do chip para os que non o teñan, mentres que para a categoría escolar será gratuíta”, sinalou o monitor deportivo do Concello de Bande.

Horarios y recorridos

CEA POST CARREIRA

Tódol@s que desexen pasar unha velada en compañía doutros corredores e compartir experiencias e anécdotas poderán facelo nunha cea o finalizar a entrega de trofeos sobre as 22:30h. O menú constará dun primeiro, un segundo, sobremesa, café e bebida por 12 €.

carreira E