IV Aniversario do Parque Arqueolóxico de Cultura Castrexa en Ourense

Fecha 10-03-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

IV Aniversario do Parque Arqueolóxico de Cultura Castrexa en Ourense

O programa de actividades previsto inclúe visitas guiadas á excepcional Cidá de Las e á exposición estable do centro de interpretación – en ámbolos casos a cargo de guías especializados-. Ademais, este ano incorporamos unha novidade: Experimenta Lansbrica, unha aproximación á recreación histórica da man de Paco Boluda e Xabier Bobillo. Participa no seu “laboratorio do tempo” e coñece a realidade do mundo galaico dende a experimentación e a interpretación do coñecemento histórico. Alén do anterior, os pequenos e pequenas da casa teredes ocasión de participar en dous entretidos obradoiros:  Agricultores e gandeiros e Científic@s do pasado, ambos dirixidos a nen@s de entre 5 e 12 anos.

Programa

Visitas Guiadas
Visita guiada pola exposición I: 11h30 – 12h00
Visita guiada pola exposición II: 18h00 – 18h30
Visita guiada polo castro I: 12h00 – 13h00
Visita guiada polo castro II: 18h30 – 19h30

Actividades infantís: dirixidas a nen@s entre 5 – 12 anos:
Agricultores e gandeiros: 10h00 – 12h00
Científic@s do pasado: 17h30 – 18h30

Experimenta lansbrica: unha achega á recreación histórica da man de Paco Boluda e Xabier Bobillo. Participa no noso laboratorio do tempo e coñece a realidade do mundo galaico dende a experimentación e a interpretación do coñecemento histórico.

O laboratorio do tempo I: 13h00 – 14h00
O Laboratorio do tempo II: 16h30 – 17h30

Todas estas actividades son de balde coa entrada ao Parque e teñen aforo limitado, polo que recomendamos reservar previamente no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×