I Salón do deporte e turismo activo en Ourense

Fecha 17-11-2017 a 19-11-2017
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×

I Salón do deporte e turismo activo

Primeira reunión do comité asesor de Sportur Galicia

Coa presenza da secretaria xeral para o Deporte, esta entidade integra a representantes da Xunta, Deputación, Concello, Universidade, empresas e federacións deportivas

O I Salón do Deporte e Turismo Activo celebrarase en Expourense os días 17, 18 e 19 de novembro, coincidindo coa Carreira Popular de San Martiño

Expourense acolleu esta mañá a primeira reunión do comité asesor de Sportur Galicia, o I Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrará no recinto feiral ourensán os días 17, 18 e 19 de novembro, coincidindo coa celebración da Carreira Popular de San Martiño. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; a directora de Promoción da Axencia Galega de Turismo, Carmen Pita, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, conduciron este encontro no que foi presentado o proxecto a unha quincena de representantes relacionados co turismo e vo deporte de entidades públicas e privadas, empresas e federacións deportivas de toda Galicia que estean vencelladas a produtos turísticos.

Os integrantes deste comité puideron coñecer os principais obxectivos desta cita que son: dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable e promocionar a multitude de opcións que esta comunidade ofrece para os afeccionados ao deporte e ás actividades ó aire libre animando ao mesmo tempo aos propios galegos a practicalas. Foilles presentada ademais a estrutura da feira onde terán cabida dende destinos locais ou internacionais ou outras entidades que queiran promocionar os seus recursos vencellados a este sector (rutas de sendeirismo ou acuáticas, instalacións deportivas, carreiras, andainas, etc.), ata empresas de equipamentos para o deporte e a aventura ou especializadas na venda de paquetes turísticos que inclúan actividades deste tipo.

Haberá tamén un espazo adicado ás distintas asociacións e federacións deportivas de Galicia para que poidan promocionar as actividades que organizan. Forman parte deste

comité as federacións galegas de deportes como as actividades subacuáticas, os deportes de inverno, caza e pesca e casting, golf, piragüismo, remo, surf, espeleoloxía, vela ou montañismo.

Tamén forman parte deste comité a concellería de Deportes de Ourense, o INORDE, a Universidade de Vigo-Campus de Ourense, o Cluster de Turismo de Galicia, a Estación de Inverno Manzaneda, o Grupo Caldaria, a asociación de empresas concesionarias de portos deportivos Marinas de Galicia, a Federación de Veciños Limiar e a Federación Galega de Turismo Rural “FEGATUR”.

Durante esta reunión tamén lles foi explicado aos membros do comité que o espazo expositivo deste salón estará complementado coa organización de actividades paralelas como seminarios e charlas especializadas (preparación física, prevención de lesións deportivas, nutrición, xestión de infraestruturas deportivas, …), presentación dos destinos turísticos participantes nesta cita, exhibicións deportivas, etc. No ámbito profesional, organizaranse accións de networking entre empresas e potenciais compradores. Cada membro do comité comprometeuse a organizar actividades para realizar durante SPORTUR Galicia, ademais de promover a participación dos seus socios e federados.

As novidades de Sportur poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com e dos seus perfís en Facebook e Twitter.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×