Exposición Descrenzas de Xénero en Ourense

Fecha 29-11-2017 a 14-01-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición Descrenzas de Xénero en Ourense

A serie “Descrenzas de Xénero” do artista Ángel Pantoja, incluída na 35ª edición do “Outono Fotográfico”, trata de facer iconas para que o espectador reflexione sobre o que é o binarismo de xénero, esa ideoloxía de xénero que se nos inculca desde cativos e que nos trata de situar nun lado ou noutro do xénero como se fose algo ríxido.

Ángel Pantoja naceu en Sevilla no ano 1966. A súa creatividade e versatilidade lévano a experimentar con diferentes soportes e linguaxes: o deseño gráfico, a ilustración, a colaxe, a fotografía. As súas obras estiveron expostas en Madrid, Barcelona, Sevilla, São Paulo, Xinebra, Miami, Bos Aires, etc, ademais dos seus traballos como ilustrador en medios impresos e colaboracións para cinema e televisión.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×