Charla Toponimizate en Ourense

Fecha 30-11-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Charla Toponimizate en Ourense

Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, falará dun xeito moi próximo e ameno de toponimia galega: os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial… pero tamén da propia de cada concello.
Así, saberemos o significado dos nomes das parroquias e das aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos; ou as utilidades desta ferramenta… Ademais, Feijóo mostrará unha aplicación que lle permitirá á veciñanza colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos (nomes de leiras, camiños, fontes, penedos…) como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos e todas poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×