Carrera Popular San Martiño 2018 en Ourense

Fecha 18-11-2018
Hora 11:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Carrera Popular San Martiño 2018 en Ourense.

INSCRICIÓN

ADULTOS

  • O prazo de inscrición é desde o 10 de outubro ata o 11 de novembro de 2018. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
  • O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018

A cuota de inscrición será de 5€ desde 10 outubro ao 28 de outubro de 2018 e de 7€ desde o 29 ao 11 de novembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

MENORES

  • A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
  • O prazo de inscrición para colexios é desde o 10 de outubro ata o 3 de novembro de 2018 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 11 de novembro de 2018.

CANCELACIÓNS

  • Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

RECOLLIDA DE DORSAIS-CHIPS

  • A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 16 de novembro de 16:00h a 20h e o sábado día 17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
  • Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
  • Non se entregarán dorsais o día da carreira.
  • A recollida anticipada de dorsais-chips (para os inscritos ata o 3 de novembro de 2018) será os días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.

GARDARROUPA

  • A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.

CARREIRA ABSOLUTA (NADOS/AS NO 2001 E ANOS ANT.)

  • Salida prevista: 18 nov. 2018 a las 11:00
  • Distancia: 10000 m

O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

CARREIRA ESCOLAR (NADOS/AS ENTRE OS ANOS 2007 E 2002)

  • Salida prevista: 18 nov. 2018 a las 12:30
  • Distancia: 4700 m

O percorrido será de 4.700m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Av. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

CARREIRA DE CATIVOS (NADOS/AS NOS ANOS 2011 a 2008)

  • Salida prevista: 18 nov. 2018 a las 13:20
  • Distancia: 1400 m

O percorrido será de 1.400m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

CARREIRA INCLUSIVA (NADOS/AS NOS ANOS 2012 E POST. E PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL)

  • Salida prevista: 18 nov. 2018 a las 13:30
  • Distancia: 1400 m

O percorrido será de 1.400m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×