12º Salón do Automóbil

Fecha 8-10-2021 a 10-10-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

 

Un total de 15 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 12º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 1 ó 3 outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 8 ó 10 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. 

Esta dobre cita foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participou o vogal de A.C.A.U.T.O., Jaime Cougil, acompañado polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, e o secretario provincial de Cáritas en Ourense, Javier Soto. Segundo indicou o vogal de A.C.A.U.T.O., “é unha cita a que acudimos con moitas gañas e ilusión porque supón a volta á normalidade e permitiranos retomar o tan necesario contacto directo t cos clientes aos que lles poderemos resolver todas as súas dúbidas para que atope o coche que precisa”.

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2022. En total, participarán 15 empresas representando a 21 marcas que presentarán 30 modelos novos, algúns deles poderán verse en exclusiva por primeira vez en España e entre os que se poderán atopar tamén numerosos modelos eléctricos e híbridos. As marcas presentes nesta edición son: Abarth, Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Fiat, Ford, Hyundai, Kia, Mazda, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade de euros fixa por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO. 

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

Un dos obxectivos de Expourense é, a través da cooperación público-privada, dinamizar o tecido empresarial galego abríndolles novas oportunidades de negocio e servindo de ponte cara a novos clientes, impulsando, ao mesmo tempo, a calidade e a capacidade innovadora das empresas da provincia. O director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, agradeceulle a A.C.A.U.T.O. “a súa aposta por Expourense como o mellor escenario para presentar, ante milleiros de visitas, as últimas novidades marcas presentes e as mellores oportunidades no mercado de ocasión. Estas citas van ofrecerlle aos visitantes a mellor oportunidade para atopar un coche con todas as garantías e vantaxes que ofrecen os concesionarios oficiais que, aínda que leven por diante a marca dunha multinacional, a meirande parte deles son empresas ourensáns, con capital de aquí, e xeradoras de numerosos postos de emprego nesta provincia”.

O horario do 12º Salón do Automóbil será os venres 1 e 8 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 2 e 9 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 3 e 10 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta). 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×