42 Semana de Cine de Lugo

Fecha 23-11-2020 a 28-11-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

En Lugo con homenaxes a Luis Tosar e a Benedicta Sánchez

A Semana de Cine, adiada en setembro agardando a mellora das condicións sanitarias, vai ter lugar do 23 ao 28 do presente mes de novembro, coas restriccións que sexan precisas de acordo co que dispoñan as autoridades na materia de espectáculos públicos.

Será a través dunha carteleira de máis de 100 longas e curtametraxes procedentes dunha ducia de países, que poderán verse en seis espazos da cidade: Auditorio Gustavo Freire, Salón de Actos da Deputación, o Museo e a Biblioteca provinciais, o Vello Cárcere e o Vicerreitorado da Universidade.

Esta 42ª edición articularase arredor de sete seccións, cunha especial atención ao cinema iberoamericano e galego. É o caso das 18 curtametraxes do apartado La otra orilla e dos 10 filmes que compoñen a Sección oficial, entre os que hai producións de Arxentina, Brasil, Ecuador, España, México, Canadá e Croacia, así como as galegas As mortes, en coprodución co Chile, e Eu tamén necesito amar. Pola súa banda, en Cine galego amosaranse 27 longas e curtametraxes, entre as que se atopan títulos como Xoves de comadres, de Noemí Chantada; 16 de decembro, de Álvaro Gago, ou Os prexuízos da auga, de Santos Díaz.

Tamén galegas son as películas que se exhibirán nas respectivas homenaxes que a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo lles renderá a Luís Tosar coa proxección de Quien a hierro mata e a Benedicta Sánchez con O que arde.

Completan a ampla proposta deste ano, para a que a entrada será gratuíta e con límite de capacidade segundo os protocolos de sanidade vixentes, as seccións E para comer Lugo, en colaboración con Galicia Calidade, Cine documental e As curtas cine son.

Consulta a programación no seguinte enlace

Actividades complementarias da Semana de Cine

  • Luns 23 ás 17 horas na sala de exposicións da Biblioteca Provincial de Lugo. Apertura das exposicións Luis Tosar e Libros das semanas de cine de Lugo.
  • Luns 23 ás 21 horas, inauguración oficial da Semana no Auditorio.
  • Martes 24, presentación do libro homenaxe a Luis Tosar, de Manuel Curiel Fernandez.
  • Mércores 25, presentación do libro Orixes e consolidación da historia da fotografía en Lugo, de Eduardo Rodríguez Ochoa. Homenaxe ao fotógrafo José López-Foto Pereira, de Portomarín.
  • Xoves 26, descobremento das placas de Luis Tosar e Carmen Correa no Paseo Lucense do Cine.
  • Venres 27 ás 20 horas, na sala da Deputación haberá un homenaxe a Luis Tosar.
  • Sábado 28 ás 20 horas, na sala da Deputación haberá unha homenaxe a Benedicta Sánchez.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×