Volven as festas do San Froilán de Lugo con diversas actividades desde o 4 ao 12 de outubro.
O mércores, 4 de outubro, actuará Carolina Durante ás 22 horas na praza Horta do Seminario. Ademais, a partir das 21:30, o cuarto Electronic Lucus Fest encherá a Mosqueira coa actuación de diversos DJ, entre os que se atopan os lucenses Frisco e Marcos Peón, que comparten cartel con Yaser, Hugo Leivas e Juan Chousa.
Despois, o xoves 5 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario, terá lugar a actuación de Elíades Ochoa co seu disco Buena Vista Social Club.
Pola súa parte, o venres, 6 de outubro actuará Hard GZ ás 22.00 horas na praza Horta do Seminario. O Sanfroidance celebrará a súa 18ª edición na noite do 6 de outubro a partir das 19 horas. O festival de música electrónica contará este ano coas actuacións de High Paw (Galiza), Juli Giuliani (Cataluña), Tor4 vs Fishman (Brasil – Galiza) e Victor Santana (Madrid).
Xa o sábado 7 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario terá lugar o concerto de Ciudad Jara.
E o domingo, 8 de outubro, actuará Baiuca ás 22.00 na praza da Horta do Seminario e Enredadas Coplas, Jotas y Alalás, ás 21.00 horas na praza de Santa María.
Máis concertos
Tamén o 9 de outubro ás 21:00 horas na praza de Santa María actuará a banda máis internacional do folk galegoLuar Na Lubre.
En canto ao 11 de outubro actuará La M.O.D.A ás 22.00 horas na praza horta do Seminario e a Mosqueira acollerá o Espazo Hip Hop. Mentres, ao longo da xornada, contarase coas actuacións de Denom, Samuel Slzr, Eivy J e Zaidbreak, que compartirán escenarios cos artistas locais Diego, Xosé Maceda e Ünder.
O 12 de outubro o San Froilán despedirase coa actuación de Rayden ás 22.00 horas na praza Horta do Seminario.