Xuvenciencia 2017 en Lugo

Fecha 3-07-2017 a 8-07-2017
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

O Campus Terra da USC bota a andar a V edición do campus internacional de verán XuvenCiencia

O Campus Terra da USC acolleu este luns a inauguración do V campus de Verán XuvenCiencia, un proxecto de divulgación científica con máis de 104 eventos programadas e avalado pola participación duns 146 docentes da USC e outro persoal de apoio, que se extenderá ata o vindeiro 8 de xullo.

O V Campus de Verán XuvenCiencia abriu o seu programa de actividades cunha charla divulgativa a cargo do físico Cibrán Santamarina, quen fixo o seu doutoramento no CERN, onde sigue a colaborar na actualidade, co título “Elemental, querido Schrödinger”. Santamarina traballa no departamento de Física de Partículas da USC.

A nova edición deste campus de verán, unha iniciativa orientada a estudantado preuniversitario de 4º de ESO e Bacharelato e que se desenvolve baixo o lema ‘Aprendendo desde a experiencia’, presenta un ameno programa de aprendizaxe e convivencia do que gozarán 135 mozos e mozas, a través do que se busca dar a coñecer os distintos itinerarios formativos que poden cursan nas seis facultades e escolas do Campus Terra, así como nos dous centros adscritos: Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Enfermaría.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o campus de verán Xuvenciencia Lugo 2017 presenta un módulo para veteranos, ao tempo que brinda servizo de aloxamento ata o 8 de xullo, para poder gozar das actividades programadas polos monitores da A.D.C. Lumieira Lugo.

As distintas actividades incluídas no campus de verán XuvenCiencia Lugo desenvolveranse en quenda de mañá e tarde, en horario de 9.30 a 20.30 horas, nas facultades de Ciencias, Humanidades, Administración e Dirección de Empresas, Formación do Profesorado e Veterinaria, así como na Escola Politécnica Superior de Lugo e os dous centros adscritos: Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Enfermaría. As visitas aos distintos laboratorios de investigación e servizos do Campus Terra e a centros e empresas colaboradoras (Aula de Produtos Lácteos, Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, Museo Provincial, Domus do Mitreo, AMSlab, Xenética Fontao, Hospital Universitario Lucus Augusti, Fundación TIC), e a realización de actividades prácticas e de talleres relacionados coas titulacións científicas, técnicas e sociais do Campus Terra centran as actividades programadas polos organizadores do campus en quenda de mañá. Ademais, este ano programouse unha oferta adicional con obradoiros de danza, teatro e audiovisual.

O estudantado que participa en XuvenCiencia Lugo terá a ocasión de ser protagonista de 26 proxectos científicos, técnicos e sociais que versan sobre áreas de coñecemento moi diversas. Así, as propostas feitas polo Campus Terra da USC para este nova edición do campus abranguen un abano temático moi amplo que vai desde a cor, pigmentos naturais e pH; a enerxía do futuro, simulación dun convertedor de enerxía das ondas mariñas; investigando proteínas; animal CSI; árbores en tubos de ensaio; crea o teu anuncio publicitario; os científicos das letras;  ou prácticas clínicas veterinarias.

O programa ‘Lumieira Acompaña’, guiado por monitores titulados da A.D.C Lumieira, ofrece, a partir das 18.00 horas, diversas actividades lúdicas en quenda de tarde para todos os estudantes, e noite para os estudantes aloxados. Nesta oferta lúdica atópanse actividades deportivas, camiñadas ou rutas de sendeirismo nas proximidades, piscina, xincana polo centro histórico de Lugo, etc.

Ademais, todo  o  alumnado  preinscrito  no  Campus  de  Verán  XuvenCiencia  2017, matriculado  ou non,  poderá  optar de  forma  gratuíta ás cinco prazas patrocinadas  por XuvenCiencia na Universidade Júnior do Porto na semana do 17 ao 21 de xullo de 2017. Os/as interesados/as deberán cubrir este formulario antes do 6 de xullo ás 24:00 horas para participar no sorteo que terá lugar a tarde do 8 de xullo, cando se clausurará o campus.     

A Universidade Júnior do Porto, nada no ano 2005, é unha das maiores e mais prestixiosas universidades para nenos/as e mozos/as de Europa, con máis de 6000 participantes cada ano e centos de proxectos en todas as áreas de coñecemento.

Para máis información contactar con Mercedes Novo: 647344380

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×