Noticias de Hoy
cartel corpus lugo 1
Fecha: 22/05/2021
Horario: 01:00 a 01:00

XLVIII edición da Semana de Música do Corpus

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou esta mañá na presentación da XLVIII edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 22 de maio e o 5 de xuño. A edil de Cultura destacou “a paixón pola música que demostran ano tras ano as veciñas e veciñas de Lugo”. A edil de Cultura explicou que “este ano contaremos con 8 concertos, que incluirán a artistas e propostas musicais de prestixio internacional”.

“Desde a área de Cultura do Concello de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza de Lugo poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo”, explicou Maite Ferreiro.

A entrada aos concertos será gratuíta, mais será preciso reservar entrada no portal web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo até 3 horas antes do comezo do concerto.

Programación 

  • Sábado 22 de maio ás 20:00, Birthday Party, de Raquel Andueza & La Galanía
  • Domingo 23 de maio ás 19:00, Ravel, Respighi e Rodrigo, coa Orquestra Gaos, con Fernando L. Briones á dirección
  • Mércores 26 de maio ás 20:00, Amor e Morte (pezas de Beethoven, Chopin, Granados e Liszt), con Kavier Perianes ao Piano
  • Xoves 27 de maio ás 20:00, Morte e Resurrección (pezas de R. Strauss & A. Schönberg), co Ensemble Praeteritum
  • Sábado 29 de maio ás 20:00, Antonio Caldara e o Violonchelo, interpretado por La Ritirata con Beatriz Oleaga Mancini (mezzo), Eugenia Boix (soprano) e Josetxu Obregón á dirección e violonchelo
  • Xoves 2 de xuño ás 20:00, Stabat Mater de Bocherini, interpretado polo Cuarteto Alicerce, con Rosana Orsini e Marco Brescia
  • Venres 3 de xuño ás 20:00, A música portuguesa no tempo de Magallanes, co Ludovice Ensemble de Portugal, dirixido por Fernando Miguel Jáloto
  • Domingo 5 de xuño ás 20:00, Herschel, Hoffmeister & Haydn interpretados pola orquestra sinfónica Vigo 430, con Marie Chilemme á viola e Isabel Rubio na dirección