Xadrez para todos

Fecha 27-04-2014 a 29-08-2014
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

TORNEO-SEMANA-SANTA-XADREZO programa Xadrez para todos recolle as actividades que se realizarán ao longo dos próximos meses de fomento do xadrez.

As actividades son gratuitas e o primeiro campionato será o de Semana Santa que se celebra o domingo 27 de abril e que require inscrición previa ata o día 24.

Asi, Xadrez para todos recolle unha serie de actividades que se van desenvolvendo ao longo dos meses de primaveira e verán e que teñen o seguinte calendario:

Xaque nas aulas
Que se celebra nos Colexio de Paradai os dias 22, 29 de abril e 6 de maio, no colexio de Albeiro os días 24, 28 de abril e 5 de maio, e no Quiroga Ballesteros os días 17, 18 e 19 de xuño. Este programa lévase a cabo en horario lectivo e vai dirixido a alumnos de 3º e 4º de Primaria.

Circuito Scacorum
Este circuito está formado por tres torneos diferentes, o primeiro é o de Semana Santa o 27 de abril, o 24 de maio é o torneo de Promoción e finalmente o 8 de xuño é o torneo Festa Final.

Xadrez na Rúa e baúl viaxeiro
Entre os días 2 e 13 de xuño de luns a venres de 17 a 20 horas, co fin de dar alternativas aos nenos e nenas vaise levar unha serie de campañas de promoción do xadrez na Praza Maior.

Verán Lúdico
Xa nos meses de verán, entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, de luns a venres, vaise a celebrar o Verán Lúdico para fomentar o xadrez durante as vacacións de verán dos nenos e nenas na piscina descuberta de Frigsa.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×