Resilientes

Fecha 15-05-2014 a 17-06-2014
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

RESILIENTES

O vindeiro xoves 15, ás 20:15hrs, temos o pracer de inaugurar unha exposición da artista luguesa Carmen PG Granxeiro, quen ven de expoñer no Centro de Artesanía a súa instalación “Unha (é) todas” e cuxa obra de vídeoarte “Etiquétame” foi recentemente escollida como finalista para o premio nacional CANAL+ VÍDEOARTE.

É para nós un orgullo abrir deste xeito o espacio menos visible de La Antigua Botica e é esa a razón pola que vos convidamos a este evento cultural que terá lugar na nosa cidade cunha artista que ten exposto en capitais como Berlín.

A exposición Resilientes terá unha inauguración que contará co apoio que Carmen ven dando a economías alternativas e novos creadores, polo que haberá lugar para o sorteo dunha das obras expostas entre os asistentes, para o troco non económico con aquelas persoas interesadas na arte e, sobre todo, para a música. O grupo Brizna de Paja, por primeira vez tocando en Lugo, amenizará esta exposición de carga ecoloxista, reivindicativa e, por suposto, creativa.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×