Programación animación sociocultural: Verán 2014

Fecha 1-07-2014 a 31-08-2014
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Veran-2014

Actividades de verán 2014 das asociacións socioculturais coas que se busca dar máis facilidades para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Lugo.

As Aulas Abertas comezarán a funcionar no mes de xullo nos centros da Milagrosa, Lamas de Prado, Fingoi, Uxío Novoneyra, María Balteira e Maruja Mallo en horario de 10:00 a 13:30 horas. Esta actividade está destinada a nenos e nenas de 4 a 11 anos. No caso das Aulas Abertas do Maruja Mallo está dirixidoa nenas e nenos de entre 3 a 10 anos de 9 a 14 horas. Terá unha cota de 1,03 euros ao día, pero no caso de ser máis de dous irmáns estarán exento de pago terceiro. As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida entre o luns 16 e o venres 20 de xuño nos propios centros de convivencia.

Durante os meses de xullo e agosto tamén se levará a cabo varias actividades ao aire libre en diferentes espazos da cidade para achegar áos veciños e veciñas o deporte e as actividades durante o verán. Así, mantense a actividade de taichí ao aire libre de carácter gratuíto e aberto a toda a poboación a que se engade xogos na rúa, zumba e estarricamentos. Realizaránse na Praza de Augas Férreas, na Praza Anxo Fernández Gómez, Praza Roxa, Parque da Milagrosa, Praza do Castiñeiro, Parque Rosalía de Castro e Praza Viana do Castelo en diferentes horarios.

Este ano tamén se vai a ofrecer un obradoiro de cociña de verán que ten un máximo de 20 prazas e destinado a persoas adultas e menores acompañados. O lugar de celebración será no Centro Maria Balteira os luns, mércores e xoves do mes de xullo en horario de 11 a 12.30, neste caso haberá que pagar unha cota de 8,61 euros.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×