Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 07/03/2014 a 07/04/2014

Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo

A exposición Olladas de muller sobre a “Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo xira arredor dunha obra que fora realizada por Maruja Mallo en 1929 por encargo da Deputación de Lugo. O cadro, titulado “Guía Postal de Lugo”, ilustraba as páxinas do libro Lugo y su provincia (Libro de Oro), publicado tamén nese mesmo ano. Nesta obra, a artista ofrece a súa visión da provincia de Lugo, mesturando modernidade e tradición co seu propio imaxinario. Actualmente forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo.

Mónica Alonso // Carla Andrade // Mónica Cabo // Carolina Cruz Guimarey // Xisela Franco // Carmen Llonín // Paulova (Paula López Vallejo) // Antía Moure // Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez) // Vari Caramés

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
(desde o 7 de marzo ao 7 de abril de 2014)
Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.