Muralleando

Fecha 30-07-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

O Muralleando 2021 terá lugar a partir das 20:30 dos venres e sábados entre o 30 de xullo e o 11 de setembro, e cada día contará cun grupo local, tratando de achegar distintos xéneros á praza da Soidade.

A área de Cultura complementa co Muralleando 2021 a programación cultural do verán, que continúa nas tardes dos xoves co ciclo Tarde e Tardiña na Canella do Hospital, e que cada xornada trae un espectáculo para público familiar e un recital de poesía que conta con varias das mellores voces da poesía galega contemporánea acompañadas de música. Ademais, durante os domingos celébrase na praza Maior a Mostra de Vellos Oficios Artesáns, que trae cada día a dous artesáns para facilitar o coñecemento dos oficios a través da vivencia en directo e do facer das e dos artesáns.

Concertos Muralleando 2021

  • Venres 30 de xullo – Airiños da Freba
  • Sábado 31 de xullo – Fruit Juzz
  • Venres 06 de agosto – Wicked World
  • Sábado 07 de agosto – Funkombo
  • Venres 13 de agosto – Muddy Doll
  • Sábado 14 de agosto – Os Picorruchos
  • Venres 20 de agosto – Iria Estévez
  • Sábado 21 de agosto – Galyrion
  • Venres 03 de setembro – A volta do Agro
  • Sábado 04 de setembro – The Wireless
  • Venres 10 de setembro – Lacón con Grelos Blues Band
  • Sábado 11 de setembro – Tango en Xaneiro

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×