Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 23/06/2017 a 25/06/2017
Horario: 01:00 a 01:00

I Feria de Artesanía San Xoán en Lugo

I Feria de Artesanía San Xoán en Lugo

A I Feira de Artesanía San Xoán terá lugar esta fin de semana, dende mañá ao domingo, en horario de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 23:00 horas, e contará con 50 postos de artesanía e alimentación, ademais de obradoiros, demostracións, música, actividades infantís e unha sardiñada.
A Alcaldesa felicitou á Asociación de Hostaleiros de Fontiñas por “seguir impulsando e dinamizando un barrio con identidade propia, e polo tanto a cidade de Lugo” con este certame. “Os 50 postos cos que contará nesta primeira edición auguran un bo futuro”, subliñou Lara Méndez, quen resaltou a organización de obradoiros e demostracións no marco da feira para “darlle máis vida”. A rexedora subliñou así mesmo que o evento “poña en valor un sector como o artesán, moi importante na cidade, que xera actividade económica, ben como actividade única ou como complemento aos ingresos da unidade familiar, e que tamén nos identifica como pobo”.
Os postos ofrecerán bisutería, prata, azabache, arame, téxtil, xabóns, madeira de olivo, coiro, cinturóns, velas, acuarelas, tarot, corona de lores, xoguetes de madeira, alpargatas, ambientadores naturais, aceites esenciais, aloe vera, perlas, cornos, especias, caramelos, garrapiñadas, xeados artesáns, embutidos lucenses e ibéricos, queixos, creps, e panaderías.

Tamén se celebrarán varios obradoiros artesáns. Entre eles, torneado de madeira, cestaría, azabache e arame. O sábado e domingo estarán na feira representantes da Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira de Lugo, cunha demostración de fiado de lá. Así mesmo, actuarán co seu grupo musical o sábado pola mañá e haberá pasarrúas musical a cargo dos Gaiteiros de Goián. O venres terá lugar unha sardiñada popular a partir das 21:00 horas.