Exposición Infinito Caduco no pazo de San Marcos en Lugo

Fecha 5-07-2017 a 31-07-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición Infinito Caduco no pazo de San Marcos en Lugo

O Pazo de San Marcos acolle a natureza dos ríos galegos coa mostra fotográfica Infinito Caduco do artista Denís Estévez

-A Deputada de Cultura destacou “que dende o Goberno da Deputación cremos importante promover este tipo de iniciativas relacionadas coa fotografía e o arte contemporáneo en xeral, co obxectivo de promocionar o traballo dos artistas galegos”

– A mostra complementase cun roteiro gratuíto, o 27 de xullo, polo río Rato, dirixido a maiores de 12 anos, co obxectivo de compartir experiencias e achegar distintas técnicas fotográficas. As inscricións no Museo Provincial de Lugo ou no 982 242 112

 

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, inauguraron este mércores a mostra fotográfica Infinito Caduco, do artista Denís Estévez, que estará exposta ata o 31 de agosto na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. A exposición complementase cun roteiro fotográfico, totalmente gratuíto, polo paseo do río Rato, que terá lugar o vindeiro 27 de xullo.

García Porto destacou “dende o Goberno da Deputación cremos importante promover este tipo de iniciativas relacionadas coa fotografía e o arte contemporáneo en xeral, co obxectivo de promocionar e impulsar o traballo dos artistas galegos. Temos o privilexio de contar por primeira vez na nosa provincia con esta mostra de Denís Estévez, que retrata, co seu característico punto de vista e cunha gran foza poética, a natureza, a paisaxe e o medio ambiente que rodea aos nosos ríos galegos, centrándose nos detalles que normalmente pasan desapercibidos para todos nós.”

A mostra Infinito Caduco, que xa estivo exposta na galería Luisa Pita de Santiago de Compostela, é unha colección de 33 pezas, no que Denís Estévez reflicte a grandiosidade da natureza galega, cos ríos como eixe condutor, a través de transparencias, pequenas ramas ou o reflexo do sol. Todo o traballo fotográfico que se amosa na mostra está feito polo fotógrafo compostelán sen ningunha manipulación dixital da imaxe. Ademais, a exposición conta con proxeccións de imaxes realizadas por Denís Estévez.

 

Roteiro fotográfico

Con motivo da exposición Infinito Caduco, o 27 de xullo celebrarase un roteiro fotográfico polo paseo do río Rato, dirixido a maiores de 12 anos, co obxectivo de compartir experiencias e achegar distintas técnicas e métodos fotográficos. Durante a xornada, aproveitarase para facer un xantar á beira do río. É necesario levar unha cámara dixital, comida e bebida. O horario é de 11:00 a 17:30 horas e a saída terá lugar dende o Pazo de San Marcos. Os interesados poder inscribirse nas oficinas do Museo Provincial de Lugo e no 982 242 112.

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×