Exposición de teares e demostracións en vivo

Fecha 29-01-2014 a 3-03-2014
Lugar ,
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

CentradO Centrad homenaxeará ós teceláns lucenses cunha exposición na que se poderán admirar diferentes teares tradicionais así como instrumentos empregados por estes artesáns e pezas realizadas con esta técnica. Dende este mércores, 29 de xaneiro e ata o vindeiro 3 de marzo os visitantes poderán coñecer esta mostra e aprender os segredos do oficio coas demostracións en vivo previstas.

A exposición repartirase entre a Capela de Santa María e a propia Sala de Exposicións do Centro e recrea todo o proceso de fabricación artesán dun produto téxtil dende o momento da preparación do fío. Así na Capela exhibiranse un tear e outros instrumentos complementarios para a realización dos traballos como urdideiras ou lizos. Na mesma sala tamén se poderán admirar varias pezas realizadas con tear tradicional como colchas, manteis e alfombras, realizadas con diferentes técnicas tradicionais, que amosarán a evolución da técnica e dos traballos en tear. Na Sala de Exposicións, pola súa banda, exhibiranse 15 colchas de distintas épocas para ver a evolución particular deste tipo de prendas realizadas en materiais como estopa, algodón con lá de ovella tinguida, liño, entre outros.

Todas as pezas que se exporán foron facilitadas desinteresadamente por particulares. O Centrad enmarca esta homenaxe ós teceláns lucenses na divulgación da artesanía tradicional, amosando a evolución das máquinas e tecidos na provincia.

Esta exposición complementarase todos os mércores con demostracións en vivo ofrecidas por dúas artesás octoxenarias, que amosarán todo o proceso de elaboración dunha peza téxtil. Emérita Ribas e Celsa Rodríguez serán as encargadas de preparar o fío, introducilo no tear e tecer unha peza, realizando cada día parte do proceso.

Horarios

A Capela de Santa María terá aberta a mostra ata o vindeiro 3 de marzo nos seus horarios habituais: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. A Sala de Exposicións permanece aberta os días laborais en horario ininterrompido de 9:00 a 19:00 horas. As demostracións en vivo serán os mércores entre as 18:00 e as 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Centrad. A entrada a calquera das mostras e ás exhibicións en vivo é libre e gratuíta.

Web: www.deputacionlugo.org

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×