Lugo.
Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do Coñecemento anunciou a posta en marcha do XXVI Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo. “Trátase dunha cita consolidada xa no calendario lucense e na que cada ano vemos a gran capacidade creativa da mocidade de Lugo”, declarou Felipe Rivas.
Cada persoa poderá presentar un máximo de tres relatos, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas escritas a unha soa cara. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que terán tres premios cada unha. Cada unha das gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. Se ademais dos traballos premiados houbese, a xuízo do xurado, outras obras merecedoras de recoñecemento, poderanse outorgar mencións honoríficas.
Os relatos poderán presentarse até o 20 de decembro de maneira telemática, no enderezo electrónico da Concellería de Educación (educacion@lugo.gal) ou de maneira presencial nas oficinas da concellería, no centro de convivencia Uxío Novoneyra.
Para máis información pinchar nesta ligazón.