XXV Feira do Mel de Lugo 2017.
Como todos os anos organizamos a Feira do Mel de Lugo, que nesta ocasión vai pola súa vixésimo quinta edición.
Celebrarémola como en anos anteriores na Praza da Soidade, o día 1 de outubro, dende as 10 da mañá ata a 6 da tarde e contaremos como é tradición cunha carpa por se o tempo non acompañase.
Queremos agradecer, como noutras ocasións, ó Concello de Lugo a súa inestimable colaboración.