Noticias de Hoy
mostra de teatro clasico
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 02/03/2024 a 17/03/2024

XXIV Mostra do Teatro Clásico

Unhas 10 representacións compoñen a XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico, que se celebrará no Auditorio Municipal Gustavo Freire durante o mes de marzo.

 

Programa completo da XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico:

3 de marzo. Hilo Producciones presenta Anónimo. 18.30 horas. 

Pola súa parte, Hilo Producciones presentará Anónimo de Sandro Cordero. o 3 de marzo a aprtir das 18.30 horas. Con Laura Orduña, Enrique Dueñas, Bea Canteli e Sandro Cordero no elenco, supón un curioso e divertido achegamento a unha época que contemplamos case condescendentes, desde o convencemento de que nada diso podería volver ocorrer.

A visión demoledora de El Lazarillo segue a ser máis pertinente que nunca. Unha visión, ademais, que en Hilo resúltanos atractiva, porque a pesar da aparente desolación que poida parecer que conleva todo o que se dixo até o de agora, nada máis lonxe: El Lazarillo é unha comedia áxil e fresca. Unha comedia gamberra e que non concede respiro, e que, cando pousa, dá paso á reflexión e ao pensamento crítico.

A versión e dirección desta montaxe non engana: Sandro Cordero é un gran amante dos clásicos, e na súa obra distínguese claramente un empeño por achegar os grandes autores teatrais e literarios ao público actual, por quitarlles aos clásicos a pátina de elitismo e erudición e devolverlles o carácter popular do que gozaban na súa época.

 

 7 de marzo. Teatro de Malta estrea Mañanas de abril y mayo, 20.30 horas

En Lugo tamén se poderá gozar de Mañanas de abril y mayo da man de Teatro de Malta o 7 de marzo ás 20.30 horas. A versión de Carolina África, dirixida por Laila Ripoll, conta cos actores Pablo Béjar, Guillermo Calero, Jose Ramón Iglesias, Sandra Landín, Juan Carlos Pertusa, Alba Recondo, Nieves Soria e Ana Varela.

Achega a historia de Guzmán, que vén embozado a fin de non ser recoñecido, a xustiza perségueo por dar morte tempo atrás, por celos, a un cabaleiro que atopou ao saír da casa de dona Ana de Lara, a súa namorada. O amor por ela faille volver a Madrid, a pedir refuxio xunto ao seu amigo don Pedro, cuxa casa é contigua á de dona Ana. Don Pedro, á súa vez anda en galanteos polo parque da cidade, tras dona Clara, da que está perdidamente namorado. O amante de dona Clara é don Hipólito, o máis fato e maldicente cabaleiro de todo Madrid, quen lle prohibiu saír ao parque, pero dona Clara burla a prohibición facéndose pasar por outra muller descoñecida da que o papaventos de don Hipólito namora ao momento.

Tratase dunha deliciosa comedia chea de alegría e vitalidade, con enredos e confusións, onde se recrea un Madrid verde e florido, bucólico e sensual, no que as parellas de namorados confúndense, evítanse, engánanse, sorpréndense, búscanse, e, ás veces, ata que se atopan. Todo é xogo e alegría neste Calderón primaveral e rebuldeiro, onde a forza da natureza imponse á reflexión, e as hortas, xardíns e pequenos bosques de Madrid resultan ser os outros grandes protagonistas da trama.

 

8 de marzo. El perro del hortelano de Vania Produccions. 20.30 horas

Os amantes do teatro tamén poderán gozar de El perro del hortelano de Vania Produccions. A cita será o 8 de marzo a partir das 20.30 horas. Trátase dunha versión de Paco Mir, con Moncho Sánchez-Diezma, Caqui Montoya, Manolo Monteagudo e Amparo Marín no elenco.

Fala do pesadelo que calquera actor ou produtor tivo: chega o día da actuación e a función non se pode facer. Un pesadelo recorrente que no noso caso convértese en toda unha realidade: por un erro absurdo, a compañía que tiña que representar a peza vai camiño de Albacete e no teatro só se presentaron dous técnicos que viaxaban pola súa conta, dous técnicos moi predispostos que, con axuda do que atopen polo teatro, comprométense a ofrecerlle ao público a función que viñeron ver.

 

9 de marzo. Abre el ojo  de Noviembre Compañía de Teatro. 20.30 horas

Noviembre Compañía de Teatro representará Noviembre  o 9 de marzo a partir das 20.30 horas. A peza de Eduardo Vasco ten a Rafael Ortiz, Elena Rayos, Alberto Gómez Tabeada, Manuel Pico, Jesús Calvo, Celia Pérez, Mar Calvo, Anna Nácher e Daniel Santos como actores principais.

Presenta unha versión da obra de Francisco de Rojas Zorrilla, unha comedia de capa e espada, urbana, pero que se afasta dos seus precedentes ao presentar unhas personaxes de dubidosa catadura moral que teñen pouco que ver cos habituais tipos do xénero. Unha sorte de vodevil no que manda a alegría de vivir, cheo de entradas e saídas, agochos, enredos, comicidade ao límite e un só propósito: que o espectador abra o ollo e non se fíe de ninguén que veña en nome do amor.

 

10 de marzo. O Crebanoces de Larraitz Urruzola Producións Artísticas. 18.30 horas

O 10 de marzo é a quenda de Crebanoces de Larraitz Urruzola Producións Artísticas. A partir das 18.30 horas poderase gozar deste espectáculo para público familiar de Eduardo R. Cunha e Santi Prego, con Larraitz Urruzola como actriz principal. Trátase dunha peza inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste Nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á Raíña dos Ratos e que nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.

O espectáculo está producido para monicreques de mesa con manipulación mixta. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara ao público.

 

14 de marzo. Julio César de Companhia do Chapitô. 20.30 horas

Xa o 14 de marzo, ás 20.30 horas Companhia do Chapitô pon en escena a súa versión de Julio César, dirixida por José C. García e Cláudia Nóvoa. Jorge Cruz, Pedro Diogo e Susana Nunes forman o elenco desta creación teatral baseada nos eventos da vida desta personaxe histórica, inmortalizada polos grandes narradores, desde Plutarco a Shakespeare. A 39ª creación colectiva do repertorio desta compañía segue explorando a comedia coma linguaxe para reinventar a historia.

 

15 de marzo. Las bingueras de Eurípides de Las Niñas de Cádiz. 20.30 horas

Las Niñas de Cádiz achegan Las bingueras de Eurípides o  15 de marzo. Ás 20.30h. A versión de Ana López Segovia, baixo a dirección de José Troncoso, conta no seu elenco con Alejandra López, Teresa Quintero, Mer Lozano e Rocío Segovia, entre outros. .

A peza achega a historia de Dionisio que baixa á Terra en forma de muller para enfrentarse ao Suasenaguer, un policía empeñado en pechar un bingo ilegal do barrio, onde se xuntan cada tarde un grupo de mulleres para xogar, pero tamén para compartir as súas intimidades, as súas penas, as súas alegrías, e algunha que outra copiña de anís. Servando intentará disuadilo das súas intencións, mostrándolle que na vida ás veces hai que ser máis flexible e permisivo. Pero o fanático policía, obsesionado co cumprimento da lei, desoirá os seus consellos, arrastrando a todos a un final tráxico.

 

16 de marzo. La Toffana de La Quintana Teatro. 20.30 horas                                                    

La Quintana Teatro presenta La Toffana  o 16 de marzo ás 20.30 horas. Unha obra, baixo a dirección Maria Herrero, que conta con cinco premios Azahar das Artes Escénicas en Murcia. Victoria Teijeiro, Amaranta Munana, Aitor de Kintana e María Herrero participan na montaxe teatral inspirada na historia real de Giulia Toffana, unha controvertida muller que viviu a mediados do século XVII. Na Italia da época só había unha forma de liberarse dun matrimonio opresivo: enviuvar.

Giulia Toffana decidiu axudar a outras mulleres con matrimonios difíciles  a conseguir a súa liberdade. Creou un veleno indetectable: a auga Toffana, cuxos beneficios se difundiron rapidamente entre as mulleres. Giulia formou á súa filla e ao seu axudante e creou unha rede de distribución que as levou ata a alta sociedade romana. Mantiveron o secreto durante anos ata que as delataron. Nai e filla foron xulgadas pola Inquisición en 1659 acusadas da morte de máis de 600 homes.

 

17 de marzo. Esperando a Will de Egos Petits. 18.30

O 17 de marzo chega a Lugo Esperando a Will da man de Egos Petits. A partir das 18.30 horas poderase gozar deste espectáculo para público familiar, premio ao Mellor espectáculo musical en FETÉN 2022. Anna Alborch, Rubén Montañá e Maria Santallusia dan vida a esta historia, dirixida por Toni Sans.

Tres clowns reuníronse de noite nun lugar solitario para ensaiar unha traxedia escrita por Will, o cuarto membro da compañía, que aínda non chegou. Mentres agardan ao seu amigo, as tres personaxes reflexionarán sobre os temas máis profundos da existencia facendo un retrato da condición humana, mediante a música, o sentido do humor e o teatro dentro do teatro.