Noticias de Hoy
staging_theatre_emotion_drugs_misery_black_stage_audience-1241843
Fecha: 30/08/2021
Horario: 22:00

XXII Mostra de Teatro Amador

O Concello de Palas de Rei acollerá a partir do 31 de agosto a vixésimo segunda edición da Mostra de Teatro Amador, Teatro no Camiño de Santiago. O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o presidente da Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, Xosé Manuel Pérez Paredes, e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas, presentaron no salón de plenos do Concello esta edición.

Nesta ocasión contarán coa participación de dez grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón.

Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a do venres 3, de setembro, que será no Parladoiro de Arqueixal, na aldea de Santiago de Albá e o sábado, 4 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos… de Santiago de Albá e que se sairá ás 10:00 horas do campo da festa desta aldea.

Para poder asistir ás funcións haberá que facer inscrición previa no teléfono 647565182 ou no correo electrónico metateseteatro@gmail.com.

O sábado, 4 de setembro, entregarase o XVI Premio Careón ao escritora Toño Núñez en recoñecemento ao seu labor como escritor e dinamizador da cultura galega. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXI Premio Mácara a Chelo do Rejo pola súa traxectoria profesional como actriz e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural.

O sábado, 11 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o IV Premio Garabato á Conservación do Patrimonio en a Gabriel Barreiro Toural,dotado con 1000 euros e plica a unha entidade que se distingue polo seu labor na defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.

Esta mostra é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia…

O programa desta edición queda como segue:

MARTES, 31 DE AGOSTO

GRUPO: Obradoiro Municipal de Teatro, de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: Contos, lendas e outras historias.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

MÉRCORES, 1 DE SETEMBRO

GRUPO: Caxoto.
OBRA: Que morro!!!
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa Cultura no Camiño.
XOVES, 2 DE SETEMBRO
GRUPO: Aula de Teatro do IES A Pinguela 2021.
OBRA: Parodia dunha tarde de picnic.
HORARIO: 21:00 horas.
VENRES, 3 SETEMBRO
GRUPO: Comando Curuxás.
OBRA: Curuxás.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá.
SÁBADO, 4 SETEMBRO
GRUPO: SON D’ALDEA.
OBRA: Saberes da aldea.
AUTOR: Creación colectiva dirixida por Metátese Teatro e Alentía Teatro.
HORARIO: 10:00 horas.
LUGAR: Sairase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30.
MARTES, 7 DE SETEMBRO
GRUPO: Escola de Teatro de Taboadela.
OBRA: Os marcos da vida.
HORARIO: 21:00 horas.
MÉRCORES, 8 SETEMBRO
GRUPO: MeRe Clown.
OBRA: Mere-cidamente.
HORARIO: 21:00 horas.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
XOVES, 9 DE SETEMBRO
GRUPO: Grupo de Teatro Faro Miño, de Chantada.
OBRA: Risoterapia efervescente.
VENRES, 10 DE SETEMBRO
GRUPO: Grupo ATENEO, de Pozuelo de Alarcón.
OBRA: Cena para dos.
HORARIO: 21:00 horas.
SÁBADO, 11 SETEMBRO
GRUPO: Metátese Teatro, de Palas de Rei.
OBRA: A merliña.
DOMINGO, 12 SETEMBRO
GRUPO: ALENTÍA TEATRO.
OBRA: Cos dentes… movendo nos marcos.

Ademais repartiranse os seguintes premios:

  • XXI PREMIO MÁCARA: Chelo do Rejo.
  • XVI PREMIO CAREÓN: Toño Núñez.
  • IV PREMIO GARABATO Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL