Noticias de Hoy
concurso de tapas de lugo 2021
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 05/11/2021 a 21/11/2021

XVI Concurso de Tapas de Lugo

Presentou o XVI Concurso de Tapas de Lugo, que se celebrará do 5 ao 21 de novembro, organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo. O certame, que retoma este ano a súa celebración tralo parón de 2020 pola pandemia, contará coa participación de 38 establecementos de hostalería do municipio.

Trátase dun certame xa consolidado, co que buscan poñer en valor un dos principais reclamos turísticos da cidade como é a gastronomía. O selo “…E para comer Lugo” xa é coñecido en todo o país, convertendo a cidade nun municipio referente pola calidade dunha cociña que combina tradición e modernidade, apostando polos productos de proximidade, dun altísimo nivel.

O certame será unha magnífica oportunidade para reactivar a economía dos establecementos hostaleiros de Lugo e do conxunto da economía lucense, posto que en edicións anteriores xerou un volume de negocio do entorno de 200.000 euros.

A Deputación de Lugo tamén apoia esta cita, que ano tras ano impulsa a hostalería lucense, a través do Servizo de Audiovisuais coa elaboración dun promocional para o impulso do concurso. Neste senso, Rivera Capón, destacou que “este servizo provincial tamén gravará un audiovisual sobre os establecementos autores das tapas finalistas, dándolle unha maior visibilidade aos hostaleiros que participaron”. Estes vídeos serán proxectados antes de elixir aos gañadores do concurso. A institución provincial colabora de forma constante coa Asociación Provincial de Hostalería e Turismo de Lugo para a promoción deste sector e do turismo na provincia de Lugo.

HORARIO E PREMIOS

As tapas estarán dispoñibles para o público como mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas, a un prezo de entre 2 e 3 euros.

Os consumidores valorarán as tapas do concurso mediante un cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración será do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta.Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios, ceas e vales do Burela FS, do CB Breogán, do CD Lugo, do Emevé Lugo e do Ensino Lugo.

Ademais, os consumidores que o desexen poderán pedir ao establecemento no que consuman a tapa o folleto-pasaporte para o seu selado e, deste xeito, entrar no sorteo de dúas viaxes:

  • Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 10 establecementos participantes optarase á experiencia “Saborea a Costa da Morte”, que consistirá nunha estancia de dúas noites para dúas persoas e menú degustación.
  • Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 20 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Gran Canaria.

O xurado popular elixirá o local gañador do concurso e e un xurado técnico o primeiro, segundo e terceiro premio de entre 12 finalistas, así como as maridaxes, tanto con Estrella Galicia como con viño Ribeira Sacra. A final terá lugar a fin de semana do 26, 27 e 28 de novembro.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

O listado de establecementos participantes é o seguinte: 3 Pes; A Adega; A Paparota; Anda; Antas; As Landras; Bulló Xantar; Campos; Casa D’auga; Eduri; El Boni; El Dotmas Bar; El Riba; El Santuario de Magnus; España; Karrusel; La Cosechera 1977; La Terraza del Méndez; Las Cinco Vigas; Legends Café; Manuel Manuel; Mesón Colón; Meson El Castillo; Nadela; O Castor; O Cincuenta e Seis; O Figón; O Mercado Casa de Comidas; Paprica; Parada 33; Portal 36; Pulperia O Castelo; San Marcos Café; Taberna Daniel; Taperia Tentación; Toni Portela; Tosar; Yaldara.